Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Boqueixón inviste 40.000 euros na adquisición dunha nova rozadora


O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora, valorada en algo máis de 40.000 euros. Uns cartos financiados pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, destacou que “esta nova rozadora lateral profesional permitirá prestar servizos de limpeza e roza das vías públicas municipais, así como xestionar a biomasa vexetal en lugares públicos de Boqueixón”. Conta cun alcance horizontal de 5,5 metros e conta cun sistema de seguridade para salvar obstáculos. “De feito, considérase que pola súa estrutura e a súa potencia, esta rozadora adáptase especialmente ben ás necesidades de concellos e cooperativas”, engadiu.

Unha rozadora lateral que foi subministrada pola empresa Fariña Maquinaria SL ao abeiro do “Proxecto de Conservación Medioambiental 2023” do Concello de Boqueixón, que empregará esta nova maquinaria para conservar as súas zonas verdes limpas e rozadas, algo fundamental para previr calquera tipo de lume e evitar o deterioro e degradación desas áreas.